Thursday, May 02, 2024 Bookmark and Share
| More available languages

Endorsing personalities and organisations

March Day 93 !
October 2, 2009
January 2, 2010

Informations and Recomendations
PUNTA DE VACAS 2010 - Useful Information
Local links and reservations



Xurxo Fernandez
Xurxo Fernandez

Xurxo Fernandez

Spain | Music
Xurxo Fernández nace en Vigo en xaneiro do ano 1987. Con tan só 9 anos iníciase no mundo da música tradicional galega, da man do mestre Xose Manoel Oliveira. Ao ano seguinte inicia os seus estudos no Conservatorio Profesional de música de Vigo ata o ano 2007, ano no que se fai co título profesional da especialidade de Gaita. Este mesmo ano empeza os seus estudos no conservatorio Superior de Música de Vigo na especialidade de "Instrumentos da música tradicional e popular de Galiza" ao conseguir a única praza ofertada. A súa formación complementouse con mestres como Antón Corral, Xose Lois Miguélez ou Juan Eiras (Análise musical) e asistiu a diversos cursos impartidos por Marcos Campos, Patrick Molard, Paulo González, Juan Casalderrey... Actualmente forma parte do grupo Anacos de Buxo con quen conseguiron diversos premios como son: Concurso de cuartetos de Ponteareas, Concurso de Vedra, Concurso de música tradicional de Arteixo...entre outros e co cal viaxaron por España, Francia e Portugal aparte de gravar o traballo discográfico Sempervirente. Participou con Anacos de Buxo no concerto de fin de carreira do primeiro licenciado en Instrumentos da música tradicional e popular, Xosé Lois Miguélez. Ten colaborado como gaiteiro co grupo de música tradicional Noitarega, como clarinetista co grupo de música tradicional Zurrumalla, coa gaita e a frauta no grupo RFA formado na Universidade de Vigo, o cal fusiona distintos xéneros como Heavy, Rock ou Folk, entre moitos outros. Compartiu escenario co pianista arxentino Marcelo Raigal, interpretando un tango nun "Homenxe a Carlos Gardel" celebrado en Vigo. En canto á discografía, aparte de gravar Sempervirente con "Anacos de Buxo", con este mesmo grupo gravou unha canción no disco "Esperanza" de Xosé Lois Miguélez; gravou coa Banda de gaitas Xarabal un tema do disco de Crema de Gaita "Tangalego". Tamén coa Banda de gaitas Xarabal gravou un tema para o disco "Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o Mestre". No ano 2007 traballou de músico e de técnico de gravación e misturas na música do documental dirixido por Bernardo Cequera "Manfred, o alemán de Camelle". Como gaiteiro solista participou en diversos concursos como son o Concurso do gaiteiro de Soutelo, Concurso gaiteiros solistas de Sarria ou Concurso de gaiteiros solistas da Estrada. No ano 2009 participou como mestre dos V Cursiños de Xarabal, impartindo a especialidade de Afinación e empalletado. Fóra do mundo da música, é titulado superior na especialidade de Son polo Instituto Audiovisual de Vigo. Neste campo, complementou a súa formación facendo un curso sobre Gravacións Musicais e Sonorización impartido por Javier Abreu de Oceano Estudio. Actualmente traballa como técnico de P.A. do grupo folk "Irtio" e é solista e director musical da Banda de Gaitas Xarabal. No mes de febreiro de 2009 incorpórase ao grupo de heavy Onyria como membro colaborador tocando a gaita e frautas. No ano 2009, proclamouse finalista e 5º clasificado (empatado a puntos co 4º) no Tropheé McCrimmon celebrado no mes de agosto, en pleno Festival Interceltique de Lorient.


marchamundial.org ®2024 | Last change: 08:00 - 01/01/1970 (UTC/GMT) | Resolution : 1024/768 | top
Login administrator | Privacy | Sitemap | Sponsors | Gadgets Shop